Operación Caipirinha
Onte empezaron a correr rumores de que o Pedro, o Pablo e mais eu íamos facer botellón… Pois si, si q íamos.
Hai dous dias conteivos algo, pero como estou vendo que aqui dicir “caipirinha” é como non dicir nada… vou explicar hehe.
A caipirinha é unha bebida típica do brasil que se fai con azucar, limons e cachaça (augardente de cana). O Pedro oíu falar dela e a min faloume a Ali, hehe, asi que nos propuxemos facela.
Despois de dous meses pensando en como facela, hai tres dias comprei o q facía falla. Comprei ron (porque aqui non hai cachaça) e limóns e pensei en coller o resto da casa. Leveinos prá casa de abaixo (a que esta diante da do Pedro) pra que meus pais non visen a botella.
Chegou o gran dia: O Pedro apareceu pola miña casa e empezamos a xuntar todo:
1.- Manguei un paquete de azucar da miña casa .
2.- Fixen como que m quedaba o carné e manguei unha botella de refresco por se non saía ben, pra beber outra cousa -que triste ter que roubar na miña propia casa haha-.
3.- Fomos pola botella de ron e os limóns… como o can do Pedro e medio parvo empezou a ladrar e el deixoume alí mentres collía todo e foi virar. Saiu a mai do Pedro a ver porq ladraba o can e apurei o paso pola pista abaixo, ela non me viu.
4.- Baixou o Pedro e recolleume
5.- Chegando á Feira do Monte demonos conta de que nos quedaran os vasos. O súper xa estaba pechado.
6.- Chamamos ao Borja e ao Victor, non viñan a Muimenta. O Fer viña, pero mais tarde.
7.- Chamei a unha pila de xente a ver quen tiña vasos; quedei como estaba.
8.- Parei na casa do Vigo e collinos alí.
9.- Collemos os cubitos en Muimenta.
10.- Levamos todo pró parque e deixamolo escondido pra volver despois.
11.- Empezou a nevar e decidimos por votación democrática facelo o sabado pola maña (como el ten o coche o seu voto vale mais có meu).
12.- O sabado non puiden ir, quedou pro domingo.
13.- O domingo fomos e apuntouse o Pablo… xa intuíamos que era posible que pasase o que pasou.
14.- Chegamos alí: estaba a bolsa!!! Deixarannos os cubitos e unha botella de auga… despois de todo foron amables ho…
15.- Fomos ao Santo e a Moncelos, pero non atopamos ningún sitio aberto pra coller todo
16.- Decidimos que quedaba prá semana que ven (vai vir a Lara e algún amigo mais dos que ten o Fer aló en Santiago)
Espero que todo quede claro.
Estiven pensando que en vez de ron ou vodka (caipirovsky) podemos usar país (caipirola), que a fin de contas ten que ser parecido á cachaça… todo por fomentar o intercambio cultural…
——–
Por certo, praos que non saiban hoxe fun facer o da moto hehe. Suspendin, que se lle ha facer… Entre o frío, a moto que me é pequena, a cabeza q non me collía no casco, a falta de practica, etc. non se podia esperar mais de min haha. Por certo, praos que non o saiban a moto é coma esa:

————–
Vou poñer aqui a foto da miña amiga Ledi heheh.
-pra os que nao conhezam ela é uma amiga minha =) -
E de paso tamen a da Ceci e a María co Pedro detrás (aff… non me acordei de pedirlles permiso pero seguro que non lles importa, espero)
- E stas sao outras duas amigas. Ao Pedro acho que ja o vistes tdos noutras fotos-
——————————————————————————————
Se vcs nao entendem algo desculpem, eu traducirei quando puder…
Eee eu não entendi muito não… até pq não posso ler td com muita calma pq tenho q sair, mas gostei das fotos, tirando a da moto as outras eu já tenho
e a historia da caipirinha eu não entendi direito, e eu tenho q entender, pq eu q comecei mais ou menos com essa história, não foi? hehe
Beijos! Adoro vc!
Comment de Ali — 1 March, 2005 @ 12:42 am
:) Boa prova de história!!
Se Deus quiser minha sorte atravessa o oceano direitinho hehe bjos!
Comment de Ali — 1 March, 2005 @ 9:06 pm
lalalala hehe
)
muaks! (eu sei q eu sou chata… desculpa :/
Comment de Ali — 3 March, 2005 @ 5:02 pm
Продвижение сайтов санкт-петербург
Comment de Продвижение сайтов санкт-петербург — 5 June, 2007 @ 2:04 am