Que vida de can…

18 March, 2005

A Piedade Rondanini

Que semaniña!!! hehe… Esta semana pasou de todo…

Rematou a avaliación e viñeron as notas… non me podo queixar… alén diso viñan mal e en filosofía viña un 8 tendo un 6 hehe. =P
Os profesores andan mal entre eles… ten graza velos insultarse hehe.

Iso que esta na foto en teoría é unha obra de arte… é a Piedade Rondanini. Foi a minha pregunta no exame de hoxe, heheh. Tenho visto moitas obras de arte… pero coma esta ningunha. Non sei onde está a arte… a verdade é que esta sen rematar, sen pulimentar… Mais o importante e que entrou no exame e sabiaa, ainda que estiben pensando en non estudala.

Hoxe sair… a noite pasada durmin 45 minutos, espero non caer co sono na Hermo.

Por certo, no referente ao que pasou coa estatua de Franco en Madrid so teño que dicir unha cousa… estoume imaxinando dentro duns anos sacando a de Fraga que hai na praza en Vilalba hehehe. Espero que pra cando iso pase a ninguen se lle ocorra levarlle flores. Espero que nin ortigas lle leven (ouvín na TVG que son moi boas pra comer :D ≈)

Ben, isto é todo.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here