BASP: Blogueiro Adolescente Sen Pretensións
Si señores… xa dicía o meu profesor cando estaba sacando o carné q ía chegar lonxe (especialmente cando me confundia e pisaba o acelerador en vez de frear…). Pois iso, q así case sen darme conta apareceu un post no Todo Nada sobre o meu blog!!! (http://todonada.blogspot.com/) .
Non vos imaxinades q orgullo q fagan referencia a este nel hehe, especialmente despois de que o Xabi, o profesor de literatura, se pase as clases facendo apoloxía do blog da María…
Gustoume iso da definición da definición de BASP (non confundir con WASP, q esa é outra moi diferente). En canto á caipirola… ainda esta sen facer… estamos agardando por unha botella q vai traer o Pedro q é puro lume (teremos que botarlle a augardente a pingas, coa chisma de botar a mercromina).
En fin… q vou poñer unha ligazón no meu blog ao Todo Nada, que ven a ser algo semellante a concederlle a Medalla de Ouro, pero sen Álvarez Cascos…
P.D.- Na foto: Letreiro á entrada do cemiterio de Trobo, curioso…
http://members.fortunecity.es/paulonaseiro/