BASP: Blogueiro Adolescente Sen Pretensións

21 March, 2005

Cemiterio de Trobo

Si señores… xa dicía o meu profesor cando estaba sacando o carné q ía chegar lonxe (especialmente cando me confundia e pisaba o acelerador en vez de frear…). Pois iso, q así case sen darme conta apareceu un post no Todo Nada sobre o meu blog!!! (http://todonada.blogspot.com/) .

Non vos imaxinades q orgullo q fagan referencia a este nel hehe, especialmente despois de que o Xabi, o profesor de literatura, se pase as clases facendo apoloxía do blog da María…

Gustoume iso da definición da definición de BASP (non confundir con WASP, q esa é outra moi diferente). En canto á caipirola… ainda esta sen facer… estamos agardando por unha botella q vai traer o Pedro q é puro lume (teremos que botarlle a augardente a pingas, coa chisma de botar a mercromina).

En fin… q vou poñer unha ligazón no meu blog ao Todo Nada, que ven a ser algo semellante a concederlle a Medalla de Ouro, pero sen Álvarez Cascos…

P.D.- Na foto: Letreiro á entrada do cemiterio de Trobo, curioso…
http://members.fortunecity.es/paulonaseiro/

(6) recados »

A URI é: http://mil.blogsome.com/2005/03/21/basp-blogueiro-adolescente-sen-pretensions/trackback/

  1. Esse mesmo cartaz esta na porta da capela dos ossos em Évora, Alentejo, se nom me falha a memoria. Se algum dia vas a Evora, vai-na ver que é de arrepiar.

    E si, coincidindo c’o Todo nada e sin que sirva de precedente, :P o teu blog ta-che guai. ;) Mui franco.

    Comment de Anónimo — 21 March, 2005 @ 9:13 pm

  2. Obrigado, quando vaia a lá passarei-me entao pela capela essa :D

    Comment de mil:: — 21 March, 2005 @ 9:15 pm

  3. Oiiii!!!!! Obrigada, Obrigada, Obrigada por ter feito o blog pra mim! Não era necessário mas vc fez outro! :***
    Eeeee vc está famoso!! :) Parabéns! Comentaram do seu blog hehe :) eu li e adorei! :)
    Haha muito legal o letreiro… interessante mesmo… hehe
    Adoro vc!!!! Beijos!!! :********

    Comment de Ali — 22 March, 2005 @ 3:09 am

  4. Grazas mil pola medalla de ouro… non sabía iso da apoloxía pero está moi ben iso de irnos coñecendo pola comarca. Só por curiosidade, de que parroquia vés sendo?

    Comment de María — 22 March, 2005 @ 10:23 pm

  5. Ai, a entrada do cemiterio de Trobo é xenial :) ))

    Comment de María — 22 March, 2005 @ 10:23 pm

  6. Son da parroquia de Seixas, en Cospeito. Si, si que fixo apoloxía… non se notou nin nada q fixeras referencia ao colectivo Ronseltz :P . Despois puxemonos a discutir se eras d Santa María do Outeiro ou de Ponte do Outeiro, até que alguen dixo finalmente… “pero se é o mesmo” heheheh

    Comment de mil:: — 22 March, 2005 @ 10:57 pm

RSS permitido para comentários neste post.

Deixa um recado

Mete o nome, mail (ainda sendo inventado) e URI, senom tenho q por eu o comentario á mao; HTML permitido. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here