O ceo anda revolto…

22 March, 2005

Gregorio XVII

Hoxe, comendo o almorzo (porque si, eu son dos almorzan ás 2 da tarde no canto de xantar), vin unha noticia na TVG que me deixou pampo… Morreu o papa Gregorio XVII. Despois dun breve período de confusión reaccionei e atendín un pouco ao que dicían del:

-Destacou especialmente pola canonización de personaxes ilustres, entre outros Paquito Franco e J.A. Primo de Rivera (estando así o ceo non quero nin saber como estará o inferno…).

-Estabeleceu a sede da Igrexa na populosa metrópole sevillana de “El Palmar de Troya”

-Adicouse a preparar a segunda vinda de Cristo.

Estes son algunhas ligazóns onde podedes informarvos sobre este interesantísimo elemento:

Lista de canonizados: http://www.nodulo.org/ec/2003/n020p24.htm
Historia dos 4 papas actuais: http://www.cacp.org.br/mary-vigario-shltze.htm

Despois desta desagradábel noticia e de saber que a canonización de Cañita Brava terá que quedar para outro día, so nos queda o recollemento espiritual e a oración…

P.D.- Non deixedes de visitar o blog da miña amiga Taty pra ver os afectuosos comentarios sobre o seu mozo…

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here