SEMANA… SANTA?

26 March, 2005

Wah!!! q semana esta… non podo nin cos cadrís!!! O xoves festa Eristoff e o venres… o de sempre, xa sabedes hehe. Hoxe íamos ir a Rabade a ver o Master Nacional de Futbolín, pero pola miña parte non había ansia e pola do Pedro houbo un imprevisto hehe. Entre este post (fotos do xoves) e os de mais abaixo (fotos do venres), van as mellores fotos q tiramos nestes dous dias.

Na foto de arriba estamos os 4 de sempre hehe. Paso de dicir os nomes porq xa estou farto de repetir (observese a miña cara de depravado hehe). Na de abaixo unha vella tradición miña e do Pedro que nesta ocasión so continuou el: Foto coas rapazas que reparten os presentes. Debéronlle ver cara de pervertido q nin lle deixaron entrar no recinto prá foto nin quixeron sair elas…

A Bea e o seu rapaz

Aqui temos a Bea e o seu rapaz (desculpade, pero non sei como se chama :/ ).

Pedro Alcántara

Pedro & Company

Aqui temos ao Pedro coas Alcántara… (Vedes q espabilado o rapaz???). Coma sempre a este pringado tocoulle tirar a foto en vez de estar no medio :P

A tropa enteira

Aqui estamos todos. De esquerda a dereita: Metade esquerda do Fer, Victor, Tamara, Pedro e un guri que apareceu na foto q non se sabe ben quen é…

Non todo é o que parece…

Aqui temos o Pedro e a Tamara cunha cara de quenta terríbel. Non, pois seica non estaban cheos… (iso mandoumo poñer o Pedro, non sei eu…) ;)

A Familia Alcántara

Os Alcántara
Non… non son os Alcántara da serie “Cuéntame”… son os “Alcántara Dancers” q viñeron onte á disco Hermo. Tampouco e que o Pedro lle dese de beber á cámara… e que de tanto mover o “pandeiro” saían borrosas as fotos. Despois amañeinas eu un pouco, por iso semella que estan feitas a machado…

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here