Que malo é o vicio v2.0

1 April, 2005

Último intento… (pero non o derradeiro!!!) Tentaremos outra vez facer o botellón á brasileira, mais esta vez con organización. De momento non sabemos cantos vamos ser, nin que variedade vamos preparar, nin a que hora… pero sairá! De feito logo vamos ir facer as compras oportunas.

Por outra parte non deixedes de ver o ultimo post d’A Vaca Profana sobre nomes brasileiros, boísimo…
http://vacaprofana.blogsome.com/2005/03/31/onomastica-brasileira/

Eu decántome por: Graciosa Rodela D’alho

Por certo… para os fans de Xabier Cordal, (María, iso vai por ti) hoxe na clase de literatura estivemos aprendendo a facer un cocktail de leite con colacao e coñac. Impresionante o home este.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here