caipirinha tósika
Conseguimolo!!! por fin fixemos a caipirola!!! afortunadamente, levamos outras cousas pra beber. Alguns querían facer unha mestura con todo, botarlle incluso refresco de laranxa (como lle chamaríamos a iso??? Kas-pirinha???). Tiña un sabor estraño, custou acabala. Tivemos un erro bastante grande: quedounos a receita na casa. Tivemos que botar “a ollo” e claro… botamos mais augardente da que facía falla. Despois como non se tragaba tamén lle botamos azucre demais… ao final saiunos unha especie de veleno verde con mala apariencia hehe. O bon e que levabamos tamén Trina de mazá e vodka vermello, entón non pasamos sede, heheh. Fixémolo na igrexa vella de Muimenta, arriscandonos ante a posibilidade de que nos caese unha chanta na cabeza (ben a podiades restaurar, eh???).
Como podedes ver nas fotos estabamos: Cabana, Salus (coa xerra na mao), Borja, Víctor, Pedro, Fer e eu.
Isto é o q hai, non vos perdades o da semana q ven, que promete (Gabri Ponte e se cadra repetimos experiencia, pero dunha forma mais tradicional heheh)