Sit Tibi Terra Levis

5 April, 2005

Hoxe veño de mala hostia… non, eu non vou falar da morte do Wojtyla, non vaia ser que os señores de Código Cero (non vou poñer ligazón a eles, non o merecen) me acusen de facer chistes malos ou algo asi, como pasou co blog da Vaca Profana… Vou falar máis ben do que eles, os “hiperrespectuosos” e os “super-mega-politicamente-correctos” fan deste acontecemento.
Resulta que uns meses atrás, cando varias bombas estouparon matando a 200 persoas (homes, mulleres e meniños), non nos permitiron baixar as bandeiras en sinal de loito, porq seica “son fixas” e “é imposíbel baixalas”. Pois ben, daquela serian fixas, pero hoxe ben q as baixaron e lles puxeron uns lazos negros. Eu dígolles a eses “hiperrespectuosos” que non creo q sexa tan importante a morte dun home q xa estaba en idade diso q a de 200 persoas q tiñan ainda unha vida por diante, e dígollo especialmente a eses q cando protestamos por iso aseguraron q “non se pode comparar a eses co papa” (todo iso sen deixar de dicir q en teoría é un colexio laico dun estado laico; q polo Aiatollah non hamos poder facer loito, creo…)

Dito queda.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here