As katiuskas da Lucía

16 April, 2005

Será un paxaro? Será un avión? Non… son as katiuskas da Lucía postas a ventilar na fiestra…

Esta foto é de fai uns meses, cando fomos facer turismo a Santiago. Íamos pola rúa cando alguén veu unhas botas nunha fiestra e alguén dixo… “oes… e non son esas as botas da Lucía???” Así certa persona, q se da a casualidade de q e fotoafeccionado, tiroulle unha foto a ver… Pois ben, que falamos con ela e resulta q si, q eran as botas dela… Quen quere Páxinas Amarelas habendo botas nas fiestras???

Que terá el que non teña eu???

Estas son as fotos de hai dous venres… Ese día veu Gabry Ponte á Hermo, pero o máis importante: tamén viñeron algúns amigos que estan co Fer en Compostela City…

Na foto, de esquerda a dereita: Fer, Borja, eu, Pedro (por diante), Orlando, Noela, Lara e Salus.

O individuo en cuestión era este:

Gabry Ponte

Non sei que terá pero as rapazas da miña clase poñense tolas cada vez que escoitan falar del… será o nome??? ;) En tal caso debe ser por “Ponte”, porque cando se fala de Gabri André non fan tanto caso hehehe =P

A todo isto… a ver se toman nota os de Vieiros cando fan os seus especiais sobre deporte… isto si que é deporte nacional e non Iván Raña… (graciñas, Kazu heheh)

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here