Feira de Abril

23 April, 2005

Camareiros

Esta é unha das fotos que tirou onte o Pedro na Hermo. Eu non fun… hai exames demais a semana q ven. Son os camareiros da barra do Dekda.
Á da dereita teñolla xurada (creo que foi ela). Resulta que o dia antes do meu aniversario non quixo poñerme un cubata (q nin era pra min, era pro Borja) porq me faltaban unhas horas pra facer os 18… mai q a pariu…
Outro dia tivemos a seguinde conversa filosófica:

EU: Ponme un licor de kiwi
ELA: Non ten alcol
EU: E que?
ELA: Pois iso… non ten alcol.
EU: Xa sei que non ten alcol.
ELA: Entón?
EU: Pois iso… ponmo rápido que teño présa.
ELA: Seguro?
EU: Si ho… acaba axiña!
ELA: Pero non ten alcol…
EU: Que xa o sei! vai ser pra hoxe???
ELA: Está ben… como queiras… pero non é normal.

…15 segundos despois chega o Borja…

BORJA: Oiches… pídeme un licor de kiwi…
EU: Ponme dous
ELA: dous???
EU: Si….

Despois diso xa duvido entre se teño cara de borracho ou non… Primeiro non me quere dar un cubata e despois quere meterme o alcol á vea… Ben, segundo a miña compañeira Lu teño cara de deseño animado… o q hai que ouvir… Di que de ningún en particular, simplemente de deseño animado, pero xa me teñen dito que teño certo parecido co Shin-Chan (nas cellas, non noutras cousas que anda mostrando por aí… ehem)

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here