Q dia podre…

30 May, 2005

Eu son…

28 May, 2005

Como xa e a segunda vez q me preguntan quen son, e como o outro dia a Alicia entrou e pensou que a espiaban porque se encontrou cunha foto dela aqui :P , pois ala, poño a miña ficha tecnica (tédela aí á dereita, onde pon “eu son…”) Ala, xa sabedes quen son pra cando teñades ganas de convidar a alguén a tomar algo… ;)

Tan novo e xa é delincuente

27 May, 2005

Boli

Hoxe roubei na Caixa Rural… so foi un boli e sen enterarme, mais se chega a ser no Banesto xa tiña a Garda Civil na porta da casa…
A quen lle importa isto? a ninguén… so era por postar algo…

Ánimos prá selectividade

22 May, 2005

Karnona

Hoxe dándolle voltas aos blogs que andan pola rede, encontrei o Karnona
Nese blog hai unha serie de respostas que os rapazes deron no vestibular (a selectividade brasileira) ben divertidas, pero que a verdade é que dan medo…
Ser profesor e corrixir a selectividade debe ser (ademais de ben retribuido) unha experiencia inesquecíbel. Entre tanto faltan só 24 días.

21 May, 2005

Estes son a Lorena e o Andrés.

Estas foron algunha das máis decentes da noite (non todas, había máis decentes: Ana, Ledi e Chi.

A María outra vez (polo que se ve monopolizou as miñas fotos de onte…) atacándolle a un cacho de piña.

E van 99 gluglús cantando… “SOMOS OS GLUGLUUUS… SOMOS OS GLUGLUUUS” e ven un camión e mata un gluglú. 99-1=98
Quedan 98 gluglús cantando…

Aqui están a María, a Irene e a Lorena (de esqda. pra dereita) contando o chiste dos gluglús.

Aqui vemos á María obsesionada con facer tantas fotos como pode (obsérvese: coa camara e co móbil)

Estas son (de diante pra atrás): María, Ledi, Chi, Irene, Lorena. Vese algo borrosa… que pena, era moi boa.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here