Ciencias infusas

5 May, 2005

Desculpade que non posto moito, é que estou con exames e a selectividade está preto. Quero aprobar todo agora heheh.
Hoxe retomo o tema dos de ciencias… alguén se deu conta de q lles pasa frecuentemente iso de facer chuletas e despois non as dar lido???.
E despois falan dos de letras… os de letras cando as facemos facémolas ben!!!
Pois iso… que hoxe un compañeiro meu mostroume a chuleta que tiña feita pra inglés…
“has dar lido iso???”
“si… claro… collea ti e xa verás como a les ben”
“home… se cadra é porque estou miope pero… seguro que o das lido???”
“si ho… senón preguntame e demóstrocho”
“a ver… dime a terceira frase do exercicio catro do exame de selectividade de xuño do 2005″
“si, claro… esto… eu… non teño o exercicio catro dese ano”
“pois o do anos seguinte…”
“pois… The… The… humm…”
(entón el achega a chuleta e pona diante do nariz)
“The school is a good place for learning… etc.”
“E ti has copiar asi???”
“pois… se me poño detras da columna… se cadra…”
“si… xa…”

Pois iso… os avances da ciencia… que tanto din que o que nos facemos non serve de nada…

Diz algo: »

A URI é: http://mil.blogsome.com/2005/05/05/ciencias-infusas/trackback/

Nom ha recados.

RSS permitido para comentários neste post.

Deixa um recado

Mete o nome, mail (ainda sendo inventado) e URI, senom tenho q por eu o comentario á mao; HTML permitido. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here