Pois si… creo que vou crear esa plataforma… Se non vos convence mirade os principais actos da campaña electoral do PP:

Aham… certamente, como estaredes imaxinando, iso antes era un camiño de pouco mais dun metro de ancho. Hoxe fun dar unha volta na moto e de repende atopome con iso… onde estaban as silvas e as xestas??? U-los buracos de metro e medio de fondo no medio do camiño??? Agora todo tiña resposta… nese momento entendín porqué non paraban de pasar camións das obras por detrás da miña casa.
A verdade e que xa estaba acostumado a caer de fuciños alí… despois de anos facendo motocross na scooter e cross na bicicleta de montaña. Aínda a semana pasada lle chegou ben a non meterme un chupinazo na costa abaixo, de feito xa non é a primeira vez que trazo directamente polo prado do veciño.
O Per, o profesor de ximnasia, o home da outra profesora de ximnasia, a Cristina, debe estar encantado… pasa todos os días correndo por aí na bicicleta e o can detras del coa lingua de fora (que por certo… pobre can. Xa lle podía deixar a bicicleta ao can e correr el, que é el o q quere estar en forma). Algunha vez teñoo visto co fillo, cando era máis pequeno tiñalle acoplado un cesto detras do asento del pra metelo.
Estoume lembrando daquela vez que íamos no bus e o vimos subindo a costa esta que hai antes da Feira do Monte. Nos berrábamoslle “Per, corre máis que che adiantamos…” e el corria a todo canto daba. O condutor ía amodiño pra non lle adiantar e que correse máis. Cando chegamos ao colexio, o Per viña que case botaba as tripas pola boca… díxenlle “que? chegoulle ben, non?” e el respondeu “que bah! ainda podía apurar máis…”. En fin… un home único.

Esta preparárona fai unha semana, antes estaba como a de arriba. Daba gusto velos arrimados ao sacho a todos… a todos menos a un que, non sei se por parvo ou por novato, daballe con ansia.
Pois iso… que se houbese eleccións todos os meses tiñamos AVE de Seixas a Muimenta pra ir prá Hermo (antes polo menos había bus… estamos moi mal)
Por certo… fomos inaugurar a barra nova da Hermo. Bah… catro lámpadas máis e dous caldeiros de pintura e xa está… nada doutro mundo.